Escoitar

A programación cultural de setembro inclúe catro sesións de cine ao ar libre

O 5 e 6 de setembro retómanse as proxeccións “Misterio de Venecia” e “Antes de nós” no Pazo de Castrelos. O Concello segue cunha ampla programación cultural nos museos da cidade.

martes, 2 set 2025

O alcalde avanzou que este fin de semana se retoma o cine ao ar libre no Pazo de Castrelos. A partir das 22 horas, o 5 de setembro proxectarase “Misterio en Venecia” e o día 6 á mesma hora “Antes de nós”, sobre a vida de Castelao. Caballero lembrou que o 12 e 13 de setembro se retoman as películas aprazadas o pasado fin de semana pola choiva.

Amais, Vigo sigue cunha ampla programación nos museos municipais:

  •  Tardes no Museo a las 19:30 horas
    • 3 de setembro na Pinacoteca coa nova Colección Colmeiro
    • 10 de setembro na Casa das Artes coa exposición Pulsos e Solastalxias (do monte galego)
    • 17 de setembro na Casa das Artes na Colección Luis Torras
    • 24 de setembro na Pinacoteca coa exposición de Irene Ceballos
  • Visita ao Pazo de Castrelos os días 4 e 11 ás 18:30 horas
  • Visita aos xardíns do Pazo el 25 de setembro ás 18:30 horas
  • Visita arqueolóxica o día 18 no Pazo de Castrelos ás 18:30 horas
  • Taller para familias sobre cerámica na antigüidade o día 18 ás 17 horas
  • Visitas guiadas para grupos al Pazo de Castrelos todos os días de 10 a 14 horas

Información e reservas de actividades en museoeduca@vigo.org e no teléfono 615 258 531

Descargar todas as imaxes