As estadías do “Vigo en Inglés 2025” arrincan na primeira semana de setembro
O Concello enviará este ano a 1.020 estudantes de 4º da ESO adicando 3,3 millóns de euros ao programa.

Abel Caballero informou esta mañá que o vindeiro mércores, 3 de setembro, sae o primeiro grupo do “Vigo en Inglés” con destino a Reino Unido e Irlanda. A primeira das saídas conta con 20 alumnos do IES República Oriental do Uruguai que realizarán a súa estancia en Herefordshire, que voarán a Manchester e Liverpool e regresarán a cidade o mércores 24 de setembro.
Entre os meses de setembro e outubro desprazaranse dende Vigo os 1.020 alumnos bolseiros, repartidos en 51 grupos que serán acompañados por monitores do programa que se encargan de atender as necesidades do estudantado durante a súa estadía no lugar de destino. O rexedor destacou que o Concello de Vigo adica ao programa 3,3 millóns de euros, “sendo o único de España que financia estas bolsas desta forma tan extraordinaria”
Cada praza ten un custo custo por praza de 3.243 euros que inclúe: a estancia de 3 semanas no Reino Unido ou en Irlanda; o aloxamento e pensión completa alimenticia; a matrícula do curso intensivo en lingua inglesa con clases e inmersión lingüística, ademais de integración en escolas do Reino Unido ou de Irlanda; os gastos de viaxe e transporte; as actividade de lecer e os monitores.
Ocupación hoteleira
O alcalde tamén falou esta mañá da ocupación hostaleira da última fin de semana de agosto, que alcanzou o 80% a pesar de que “climatolóxicamente non foi o mellor do ano”. No computo total do mes de agosto alcanzouse cunha ocupación media do 90%, cifra que cualificou de “inimaxinable”.