Escoitar

Vigo contará cun novo macroparque infantil

Abel Caballero explicou esta mañá a aprobación en Xunta de Goberno da reforma da praza Fernando Elorrieta Rey por un importe de 762.925,68 euros.

venres, 29 ago 2025

“Imos construír un novo macroparque infantil na cidade”, iniciou o seu relato o rexedor para anunciar a aprobación en Xunta de Goberno da reforma da praza Fernando Elorrieta Rey, situado entre a Avenida Emilio Martínez Garrido, a rúa Palencia, a rúa da Portela e a rúa de Jesús Fernández. A actuación, nunha superficie de 1.029,75 m2, conta cun importe de 762.925,68€.

A reforma da praza Fernando Elorrieta Rey, consiste na creación dun espazo público urbano que combine o ocio infantil, coa instalación dun novo parque, cunha zona de lecer na que se crearán zonas de descanso e convivencia cidadá. A área de xogos dividirase para albergar elementos para diferentes idades, desta forma crearáse unha zona para os máis cativos e outra para nenos de maior idade.

A zona norte terá unha superficie de 490 m2, na que se instalarán os xogos para os máis pequenos nas que se inclúe elementos de xogo de tacto e vista. O chan de caucho formará relevos, ademais inclúe un tobogán, unha tirolina, columpios, camas elásticas e disporá de elementos musicais, así como flores parlantes.

Na parte sur a superficie será de 386 m2 e está planificada para os nenos de máis idade con xogos de habilidade e equilibrio, realizando unha zona de xogo máis activa e dinámico, coa incorporación de elementos de balanceo e rotativos. A temática central a define a pola gran rede cunha cabaña en madeira de robinia da que parte un gran tobogán. Todo o parque infantil disporá de valado perimetral con burladeiros ornamentais, con motivos florais situadas na senda de acceso que atravesa o parque, pero garantindo o acceso para aquelas persoas con mobilidade reducida.

Caballero indicou que na reforma proxectada respectarase a masa arbórea da praza, xerando sombra natural no parque infantil, xa que dentro desa área quedan incorporadas as especies arbóreas. Toda a zona contará co seu correspondente mobiliario urbano, coa incorporación de bancos e papeleiras, ademais, contará cunha instalación de recarga solar para dispositivos móbiles.

Descargar todas as imaxes