Caballero recibe o aval do Goberno de España ao plan de vivenda municipal
O alcalde recibiu unha carta do Goberno de España asinada polo presidente, Pedro Sánchez, onde felicita ao goberno local polo plan de vivenda dotado con 11 millóns de euros. Caballero lamenta que desde a Xunta non se teña respondido á misiva na que o goberno local solicita as competencias para a construción de 1.000 vivendas en Vigo con fondos do Estado.

Caballero lamentou que a Xunta “dixera non” aos fondos de vivenda que o Goberno de España ía achegar as comunidades autónomas nun acordo onde o Estado portaba 4.000 millóns e autonomías 3.000 millóns. É por iso que o alcalde enviou unha carta ao Goberno de España e outra á Xunta de Galicia, á primeira administración para solicitar os fondos correspondentes a Vigo tras o rechazo de Galicia para administralos e á segunda administración para solicitar as competencias en vivenda para construír as mil vivendas con os cartos que lle corresponderían á cidade.
Así, o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, respondeu ao alcalde felicitándoo polo plan de vivenda municipal dotado con 11 millóns de euros e agardando que a Xunta acepte o plan de vivenda proposto polo Estado. Por outra banda, Caballero lamentou a non resposta por parte do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e solicitando de novo as competencias nesta materia.
“Eu quero que as persoas de Vigo teñan as vivendas que lle corresponden. Aí imos seguir”, concluíu o rexedor.