Escoitar

As previsións meteorolóxicas da fin de semana obrigan a reprogramar o ciclo de cine Pazo de Castrelos

"O xardín secreto" e "Puñais polas costas" serán proxectadas o venres 12 e sábado 13 de setembro ás 22:00 horas, segundo explicou o alcalde.

xoves, 28 ago 2025

Os xardíns do Pazo de Castrelos son escenario do ciclo de cinema ao aire libre “Era unha vez nunha mansión británica...”, que comezou a pasada fin de semana, coa reprodución dos filmes "Corgi. As mascotas da raíña” e "Enma". Caballero sinalou que tivo “un éxito excepcional”, situando a asistencia de ambas no entorno do millar de persoas.

Debido as previsións meteorolóxicas, que avanzan a chegada da chuvia a cidade, as proxeccións programadas para este fin se semana serán reprogramadas o venres 12 e sábado 13 de setembro ás 22:00 horas. A axenda do cine ao ar libre nos xardíns do Pazo de Castrelos, queda do seguinte xeito:

  • Venres 5 de setembro: "Misterio en Venecia"
  • Sábado 6 de setembro: "Antes de nós"
  • Venres 12 de setembro: "O xardín secreto"
  • Sábado 13 de setembro: "Puñais porlas costas"

Festival Sinsal

O alcalde da cidade tamén desvelou que mañá a Xunta de Goberno aprobará a subvención ao Festival Sinsal Primavera 2025, cun importe de 7.000 euros. Trátase dun ciclo de concertos de carácter internacional que se celebrou o 15 e 30 de abril e o 3 de maio no MARCO e na Sala Radar.

Descargar todas as imaxes