O parque canino de Barreiro contará cunha superficie de 1.105 metros cadrados
Abel Caballero avanzou esta mañá que a Xunta de Goberno aprobará o proxecto construtivo e de execución do parque canino de Barreiro por un importe de 168.787 euros.

O de Barreiro “é un dos nove parques caninos que imos realizar na cidade”, explicou o rexedor, tras explicar que a Xunta de Goberno dará mañá luz verde ao proxecto construtivo e de execución. A nova instalación contará cunha inversión de 168.787 euros e un prazo de execución de 4 meses.
A área de lecer canina contará con accesos a través da rúa Subride, Urania Mella Serrano e Antonio Nieto Figueroa, abarcando unha unha superficie de 1.105 metros cadrados. A obra consiste en crear un recinto valado para que as mascotas poidan correr e exercitarse de maneira libre. Caballero tamén explicou que “o parque contará con elementos de xogo” en madeira de piñeiro para a integración no espazo público.
Na contorna do espazo instalarase mobiliario urbano como bancos, papeleiras e unha fonte e executarse a rede de recollida de pluviais e de abastecemento, así como unha boca de rego. Ademais, protexeranse as árbores e haberá máis zonas de arborado.
“Vigo conta, aproximadamente, con 45.000 cans rexistrados” destacou o alcalde, sinalando que continuará proximamente coa expansión deste tipo de instalacións (que se sumarán aos existentes en García Picher e Pontenova):
- Parque de Navia
- Parque da rúa Faisán
- Parque Barrio de Ribadavia – Pizarro
- Parque da Bouza
- Parque dá Atalaia
- Parque María Xosé Queizán
- Avenida Castelao
- Calvario (inicio Avenida Aeroporto – Cronista José Espinosa)