xoves, 28 agosto 2025

Caballero recibe o aval do Goberno de España ao plan de vivenda municipal

xoves, 28 ago 2025

O alcalde recibiu unha carta do Goberno de España asinada polo presidente, Pedro Sánchez, onde felicita ao goberno local polo plan de vivenda dotado con 11 millóns de euros. Caballero lamenta que desde a Xunta non se teña respondido á misiva na que o goberno local solicita as competencias para a construción de 1.000 vivendas en Vigo con fondos do Estado.

Reabre a Colección Luis Torras na Casa das Artes

xoves, 28 ago 2025

O Concello investiu máis de 30.000 euros na renovación da sala do segundo andar de Casa das Artes que alberga a colección do artista vigués. O alcalde acudiu á reapertura onde puxo en valor a obra do artista e percorreu a exposición xunto a tenente de Alcalde, Carmela Silva, o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, a comisaria, familiares de Torras e outros artistas. O alcalde invitou á cidadanía a visitar a obra de Luis Torras, “un traballo de excelencia única”.