Escoitar

O Goberno de Vigo aproba 100 axudas de emerxencia por 27.000 euros na última semana de agosto

Abel Caballero destacou que “no que vai de ano o Concello outorgou 2.420 axudas de emerxencia” con un importe de 722.452 euros.

mércores, 27 ago 2025

No día de onte o Concello de Vigo resolveu favorablemente 100 novas axudas de emerxencia por un valor de 27.000 euros. A maioría delas foron para pagos de alimentación, computando un total de 13.670 euros en 42 axudas. As outras liñas de axuda foron: 34 para vivenda por 11.155 euros; 10 para gastos sanitarios por 1.756 euros e 14 para subministracións por 436 euros.

Abel Caballero destacou que “no que vai de ano o Concello outorgou 2.420 axudas de emerxencia” con un importe de 722.452 euros. Ademais, o rexedor quixo por en valor o conglomerado de medidas que se realizan dende o ente municipal no ámbito da política social, a que cualificou como “excepcional”.

Descargar todas as imaxes