Escoitar

O 2 de setembro abre o prazo para a inscrición nas Escolas Deportivas

O goberno local orzamenta 100.000 euros máis para o próximo curso e o alcalde anuncia que as prazas chegarán ás 5.500, 500 máis que o ano anterior.

martes, 26 ago 2025

Abel Caballero anunciou que do 2 ao 12 de setembro estará aberto o prazo para a inscrición nas Escolas Deportivas do curso 2025-2026. “Un éxito incontestable, onde os nenos e nenas aprender a facer deporte a través deste programa”, expresou.

O Concello dedica a este programa deportivo para a mocidade 1.040.000 euros, 100.000 euros máis que o ano anterior. O uso das instalacións deportivas é totalmente gratuíto para as 64 entidades deportivas adscritas. Amais, Caballero anunciou que este ano haberá 500 prazas máis que o ano anterior. As Escolas Deportivas abarcan 36 modalidades distintas.

As inscricións poderán facerse de xeito presencial na oficina de Travesas ou na web reservasdeportes.vigo.org.

Descargar todas as imaxes