Abel Caballero anuncia que “o escudo histórico da cidade” presidirá o acceso ao Concello
O rexedor relatou as obras de impermeabilización das dependencias da Policía Local dentro do edificio consistorial.

A Xunta de Goberno Local, do 2 de decembro de 2024, aprobou o expediente de contratación das obras do proxecto básico e de execución da impermeabilización das dependencias da Policía Local, por un importe de 138.684€. Posteriormente, en abril do presente ano adxudicáronse por 130.363€.
O rexedor explicou que se trata dunha actuación global para eliminar filtracións e humidades na planta baixa e na planta -1 do edificio consistorial, que se realizan aproveitando o bo tempo e coa previsión de rematalas antes do inverno. En concreto, nestes intres está a actuarse no tellado da Oficina de Obxectos Perdidos, situada á dereita no acceso á lonxa municipal.
Tamén se realizan traballos, na entrada ao Concello á esquerda, na que a xardineira existente xeraba filtracións de auga sobre a zona de vestiarios. Sobre esa parede, Caballero anunciou que se colocará “o escudo histórico da cidade”, xa que o consistorio “na súa parte frontal non conta con ningunha identificación tradicional como Concello”. O rexedor indicou que “xa veremos como se fai” en canto a si será pintado, esculpido ou doutro xeito artísitico, pero aclarou que encargaráselle “a un artista local”.