Escoitar

O alcalde saúda ás integrantes do Celta Femxa Zorka que obtiveron sendas medallas coa selección española

Abel Caballero saudou esta mañá a 3 integrantes do clube olívico, que este verán participaron nos campionatos de Europa coa selección española. Cristina Cantero exerce de adestradora do Celta e asistente na selección absoluta feminina do técnico vigués, Miguel Méndez, coa que se proclamaron subcampións de Europa. Tamén acudiron ao encontro Paula Salinas, bronce no campionato de Europa Sub-19 e Aldara Rodríguez, que se proclamou campioa de Europa Sub-16. O rexedor trasladoulles o orgullo da cidade e felicitounas polos seus éxitos deportivos.

martes, 26 ago 2025
Descargar todas as imaxes