Escoitar

O 4 de setembro arrinca o curso nas escolas infantís municipais

Caballero lembrou que o 1 de setembro se abre de novo o prazo para inscrición dos menores nas prazas vacantes. O Concello dedica 2,4 millóns de euros ás 9 escolas infantís municipais.

venres, 29 ago 2025

O Concello arrinca o curso nas escolas municipais infantís o xoves 4 de setembro. O alcalde puxo en valor a aposta do Concello pola educación de 0 a 3 anos cun investimento de 2,4 millóns de euros ao ano para as 9 escolas xestionadas polo Concello e repartidas ao longo da cidade. Amais, lembrou que o servizo de comedor está incluído nestes centros.

Tamén o alcalde lembrou que o 1 de setembro se abre o prazo extraordinario para a formalización da matrícula nas escolas municipais infantís con prazas vacantes.

“Son completamente gratuítas, subvencionadas integramente polo Concello. Seguimos a facer o apoio ás familias con nenos e nenas”, afirmou.

Descargar todas as imaxes