O Pleno debaterá a inclusión de Vigo como sede de exames MIR
O alcalde avanzou que levará este tema ao Pleno porque está “en absoluto desacordo” coa exclusión de Vigo como sede examinadora da formación sanitaria especializada e sinala como corresponsables desta situación á ministra e ao conselleiro de Sanidade.

O alcalde avanzou que o Pleno debaterá sobre a inclusión de Vigo como sede dos exames de formación sanitaria especializada. Caballero manifestou o seu “absoluto desacordo” coa decisión do Ministerio de Sanidade e sinalao ao conselleiro de Sanidade como corresponsable por non defender a Vigo ante esta resolución.
“Vigo é a cidade máis grande do oeste de España e déixannos sen exames porque a ministra desde Madrid non coñece e o conselleiro desde Santiago non quere”, lamentou.
Caballero urxe unha rectificación ante este “agravio” e que Vigo volva ser incluída como sede para a realización de exames de formación sanitaria así como Cáceres, Cádiz e León.
O alcalde avanzou que levará esta cuestión a todas as institucións para o seu debate en Pleno.