Caballero felicita aos bombeiros de Vigo: “Sodes un orgullo para a cidadanía”
O alcalde recibiu aos bombeiros de Vigo que participaron na extinción dos incendios forestais de Galicia e felicitounos polo súa solidariedade e traballo voluntario na extinción de 14 incendios.

Vinteún efectivos dos bombeiros de Vigo participaron na extinción de 14 incendios forestais de Galicia. O alcalde felicitounos pola súa solidariedade, porque o traballo que fixeron foi voluntario.
Caballero destacou o incendio de Vilaboa, onde máis bombeiros de Vigo participaron (14), e tamén puxo en valor “o material de extinción de gran tecnoloxía e material pesado” cos que contan os dous parques de bombeiros da cidade e cos que acudiron a catorce focos de incendio en: As Neves, Muxía, Salceda de Caselas, Verín, Vilardevós, Oímbra, Beade, A Rúa, Ribadavia, Vilaboa e Oia.


