Abel Caballero: “Levamos 18 anos facendo que Vigo se vista de verde”
Abel Caballero participou esta mañá en Madrid nun evento organizado pola Fundación Biodiversidade, baixo o título “Novos proxectos para impulsar a renaturalización de cidades españolas”. Esta xornada realizouse no marco do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dada a súa importancia estratéxica. O Concello de Vigo obtivo unha concesión de 2,1 millóns para o plan municipal “Alcabre Verde”, cun custo total de 3,5 millóns.