Agosto pechou cunha ocupación hoteleira media dun 90%, 7 puntos por riba de 2024
O turismo en Vigo segue crecendo e no pasado mes de agosto a ocupación hoteleira foi dun 90%, sete puntos porcentuais máis que o ano pasado. A estancia media dos hoteis foi de 2,32 días.

O alcalde destacou esta mañá a ocupación hoteleira media no mes de agosto foi dun 90%, 7,18 puntos porcentuais por encima da de 2024. Trátase dunha cifra histórica similar á do ano 2019, un ano récord desde o punto de vista do turismo.
A estancia media nos hoteis foi de 2,32 días e o 55,27% dos visitantes procede doutras CCAA; o 38,11%, foi internacional e o 6,62% chegou doutros lugares de Galicia.