Escoitar

“Pulsos e solastalxias (do monte galego)” xa se pode visitar en Casas das Artes

O Concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, inaugurou esta mañá a exposición xunto a comisaria da mesma, Rosa Neutro, e os diferentes artistas que a compoñen.

xoves, 4 set 2025

A proposta constrúese a partir da selección de 10 artistas (5 homes e 5 mulleres) de miradas reivindicativas que dirixen as súas reflexións cara a unha natureza en deterioro e esquecida por unha grande maioría. Realízanse 25 pezas desde diferentes formatos e disciplinas que van do audiovisual, a fotografía, a pintura, o debuxo ou a instalación. O concelleiro aproveitou para darlle os parabéns a Rosa Neutro e os artistas “polo seu fantástico traballo” e destacou a relevancia da obra “tras un verán tan tráxico cos incendios que sufriu Galicia”.

As obras distribúense na sala segundo os tamaños e relacións co propio espacio expositivo, xa que conviven formatos moi diferentes que se teñen que adaptar uns aos outros. Ademais da distribución indicase que a través da sala incluiranse frases ou reflexións manuscritas con carbonciño ou grafito nas propias paredes que guiarán ás persoas que visiten a exposición con suxestións relativas á temática e mesmo ás obras. Os nomes dos e das artistas (Ariadna Silva, Carla Andrade, Diego Vites, Juan Rivas, Judith Adataberna, Lito Portela, Mónica Vila, Pablo Orza, Sabrina Fernández e Tono Arias) indícanse tamén de forma manuscrita, rexeitando o emprego de vinilos ou plásticos.

Ciclo de cine en Castrelos

As previsións meteorolóxicas do sábado 6 de setembro obriga a aprazar a sesión prevista do ciclo de cine do Pazo de Castrelos, no que estaba programada a proxección da película "Antes de nós". A mesma será reprogramada nunha data que se desvelará proximamente.

Descargar todas as imaxes