Abel Caballero inaugura o novo paseo de Samil
O rexedor visitou esta mañá a “mellor praia do mundo”, acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, o concelleiro de Fomento, Javier Pardo, e o subdelegado do Goberno, Abel Losada.

O Concello de Vigo e o Goberno de España acomete a recuperación da zona dunar de Samil, na que se executou a construción de 250 metros de novo paseo con 12 metros de ancho, e o retranqueo de 25 metros, polo que se duplicou a superficie da “praia urbana”. Tras percorrer o novo espazo, Abel Caballero explicou que “é unha revolución, unha nova forma de entender a praia de Samil” e asegurou que “superou as miñas expectativas, que eran altísimas”.
A obra realizada polo Goberno de España, cun orzamento de 2.126.151 euros, supuxo a demolición de 450 metros do vello paseo, e que se suma a humanización que realizou o Concello en 425 metros da Avenida de Samil, entre a praia de la Fonte e a pista de patinaxe, cun investimento de 1.805.952 euros. En total a inversión na transformación de Samil elevouse aos 3.932.103 euros.
Xunto ao novo paseo habilitouse unha senda polo piñeiral que dará continuidade ao paseo ata o final da praia. A reforma tamén conta coa instalación de novas luminarias e 43 farois; servizos de saneamento e abastecemento necesarios para a conexión cos aseos; remodelación total da glorieta, novo mobiliario ecolóxico e construción dunha xardineira lonxitudinal de 3 metros de ancho para garantir o seu mantemento.




