O alcalde visita a Escola Municipal de Santa Cristina de Lavadores
As nove escolas infantís municipais iniciaron o novo curso o pasado 4 de setembro con 350 nenas e nenos matriculados e a “gratuidade total” no docencia e no servizo de comedor.
As nove escolas infantís municipais iniciaron o novo curso o pasado 4 de setembro con 350 nenas e nenos matriculados e a “gratuidade total” no docencia e no servizo de comedor.
O rexedor avanzou esta mañá a apertura do túnel de Lepanto para o martes, 16 de setembro. Ese mesmo día quedará restablecido un carril de circulación na rúa.
O alcalde responsabiliza á Xunta do aumento no recibo e insta ao goberno autonómico a rectificar para que se reduza a taxa do lixo. Lembrou que no ano 2023 o Concello de Vigo pagaba 62 euros por tonelada de residuos, mentres que neste exercicio a cifra ascende a 104,5 euros/tonelada. “A Xunta súbenos a recollida dos residuos sólidos urbanos de Vigo en case 43 euros por tonelada, unha subida do 70%. É un auténtico escándalo”, afirmou.
Abel Caballero felicitou de xeito “moi enfático” á asociación “Vigo contra o cancro” polo “gran traballo realizado por esta cidade”, tras o anuncio da entidade de que non continuará organizando a proba, pertencente ao circuíto Run Run Vigo. A administración municipal asumirá a partir da vindeira edición a súa realización.