Abel Caballero: “Se a Xunta rebaixa o canon de Sogama baixará a taxa do lixo”
O alcalde responsabiliza á Xunta do aumento no recibo e insta ao goberno autonómico a rectificar para que se reduza a taxa do lixo. Lembrou que no ano 2023 o Concello de Vigo pagaba 62 euros por tonelada de residuos, mentres que neste exercicio a cifra ascende a 104,5 euros/tonelada. “A Xunta súbenos a recollida dos residuos sólidos urbanos de Vigo en case 43 euros por tonelada, unha subida do 70%. É un auténtico escándalo”, afirmou.

Caballero reclamou que a Xunta rectifique de inmediato a suba do canon de Sogama: “Que mañá mesmo Sogama retraia a factura ao nivel de hai ano e medio e que devolva a suba aplicada este ano. É a Xunta a responsable desta situación, e o PP de Vigo é cómplice”.
Lembrou que no ano 2023 o Concello de Vigo pagaba 62 euros por tonelada, mentres que neste exercicio a cifra ascende a 104,5 euros. “A Xunta súbenos a recollida dos residuos sólidos urbanos de Vigo en case 43 euros por tonelada, unha suba do 70%. É un auténtico escándalo”, afirmou.
O rexedor explicou que o Concello repercute unha parte desta suba, concretamente 31 euros, mais insistiu en que a orixe do incremento está na decisión da Xunta de Galicia: “A taxa que nos aplica o Goberno autonómico aumentou case un 70% por tonelada de lixo, e non é para o Concello, é para Sogama”.
O alcalde concluíu lembrando que “a recollida do lixo en Vigo está moi subvencionada” e cualificou a xestión de Sogama como “ineficaz”, ao cargar sobre os concellos este incremento.