Reabre o miradoiro do Paseo de Alfonso XII
O rexedor explicou a obra executada e sinalou que “é unha medida provisional ata que se humanice todo o Paseo”.
O rexedor explicou a obra executada e sinalou que “é unha medida provisional ata que se humanice todo o Paseo”.
A Xerencia de Urbanismo comezará a tramitación administrativa que permitirá converter a Praza de España nun espazo verde e paseable. O Concello recibirá novos tramos viarios tal e como se recolle nos convenios que comezan a xestionarse.
O alcalde anunciou que haberá novas humanizacións e renaturalización da zona vella e o paseo marítimo. O importe das obras supera os 400.000 euros.
Vigo ten que ser sede oficial dos exames MIR segundo acordou esta mañá o Pleno da Corporación, nunha sesión na que se reprobou ao conselleiro de Sanidade por non defender á cidade ante o decreto de exclusión pactado entre o Ministerio e as CCAA. A moción socialista contou cos votos en contra do PP e a abstención do BNG.
A moción defendida pola concelleira Olga Alonso foi aprobada cos votos do Grupo Socialista e o Grupo do BNG. O Grupo Popular votou en contra. Tamén saíu adiante solicitarlle á Xunta unha asignación proporcional de fondos europeos segundo poboación e porcentaxe de PIB que xera a cidade.
O Concello de Vigo presenta a Programación de educación medioambiental Camiño a Camiño para o período setembro-outubro 2025, no que se combina percorridos medioambientais, con hortas urbanas, voluntariado medioambiental e cursos de formación.
O Goberno Municipal de Vigo levou ao Pleno Ordinario do mes de agosto, celebrado hoxe, a proposta de festivos locais para o ano 2026. Tras a aprobación, quedarán fixados os seguintes días: sábado, 28 de marzo (Día da Reconquista) e luns, 17 de agosto (Primeiro día laborable tras a festividade de San Roque).