Escoitar

O MARCO estrea a nova temporada do Club de Lectura

O vindeiro luns 17 de setembro abre o prazo de inscrición para participar na actividade que se concibe como espazo de encontro e intercambio de experiencias para as persoas interesadas na relación entre a literatura e a arte.

martes, 9 set 2025
Imaxe de arquivo do Club de Lectura do Marco
Imaxe de arquivo do Club de Lectura do Marco

O alcalde apuntou este martes o “enorme éxito” do Club de Lectura do Marco que retoma a actividade nesta temporada coa apertura o período de inscrición. Será o próximo mércores, 17 de setembro a través do correo electrónico centro.documentacion@marcovigo.com.

Comezará así o curso 2025-2026 con tres grupos de lectura, dous presenciais e un virtual, con 16 participantes e unha sesión mensual para cada un deles.

O Club de Lectura do Marco é unha actividade concibida como un espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas na relación entre a literatura e a arte nas súas múltiples manifestacións.

Os eixos argumentais das lecturas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club nunha experiencia diferente que axuda a fondar nos contidos da creación contemporánea.

Descargar todas as imaxes