Escoitar

Abel Caballero: “A AP-9 ten que ser completamente gratuíta dende Tui ata Ferrol”

O rexedor vigués volveu deixar clara a súa posición sobre a autoestrada AP-9, explicando que aínda “estamos pagando peaxes polo disparate da concesión de Aznar”. “Non podemos estar pagándoa con peaxes unha e outra vez”.

martes, 16 set 2025

“A AP-9 ten que ser completamente gratuíta dende Tui ata Ferrol”, comezou Caballero, reafirmando novamente a súa posición sobre as actuais peaxes da autoestrada. O alcalde tamén quixo explicar a orixe da actual situación, sinalando que aínda “estamos pagando peaxes polo disparate da concesión de Aznar” que “pode acabar sendo ilegal”.

Abel Caballero defendeu que a gratuidade se estableza “en todo o percorrido”, pero tamén explicou que “si se ten que realizar por tramos” o “máis importante é a conexión Vigo-Pontevedra”. “Somos un gran área urbana cunha poboación de medio millón de persoas” e “temos que ter unha vía de comunicación por autoestrada gratis”. Concluíu afirmando que “non podemos estar pagándoa con peaxes unha e outra vez”.

Descargar todas as imaxes