Escoitar

O Concello inicia en outubro a humanización de Clara Campoamor que mellorará a seguridade peonil

O próximo mes de outubro comezará a humanización da estrada Clara Campoamor, entre as rotondas de Ramiro Pascual e do Hospital Álvaro Cunqueiro. O alcalde apuntou este martes que a obra mellorará a seguridade dos peóns e que debería ser financiada pola Xunta de Galicia por ser a vía de acceso ao hospital.

martes, 16 set 2025

Abel Caballero explicou hoxe que as obras de humanización da estrada Clara Campoamor, ademais de renovar todas as redes de servizos, conlevarán a creación dunha senda peonil como consecuencia da ampliación da beirarrúa “para que os peóns circulen con seguridade”.

O rexedor lembrou que as obras de mellora do vial deberían ser financiadas pola Xunta de Galicia por tratarse do acceso ao Hospital Álvaro Cunqueiro. “A Xunta que é a que fai o hospital e, por tanto, tería que estar pagando todas estas obras”, afirmou o alcalde ao incidir en que “a Xunta non achega nin un céntimo”.

Caballero asegurou que o Concello continuará coas obras na estrada Clara Campoamor “ata ter todo o traxecto, desde a cidade ata o hospital, suficientemente ben humanizado”.

Descargar todas as imaxes