Escoitar

O Goberno municipal inviste 500.000 euros no novo espazo de lecer de Navia

O Concello dedica 500.000 euros na reconstrución e transformación do muro do parque Nelson Mandela de Navia “nun lugar de estancia con bancadas” que achegará “un novo espazo de lecer á cidadanía”, segundo avanzou este mércores Abel Caballero.

mércores, 17 set 2025

O deteriorado muro do parque Nelson Mandela transformarase nun novo ámbito de encontro da veciñanza de Navia como consecuencia das obras que executa o Goberno local para solucionar os problemas de seguridade da estrutura e construír unha área con bancadas.

“Resolvemos a inestabilidade do muro que nos entregou a Xunta hai 20 anos, cheo de deficiencias, e gañamos un novo espazo residencial, de lecer e de estancia para a cidade”, recalcou hoxe o alcalde.

Caballero incidiu a reconstrución do muro do parque Nelson Mandela súmase ás melloras realizadas polo Concello en Navia coas obras de humanización da rúa Teixugueiras. “Medio millón de euros que o Concello dedica a mellorar Navia”, recalcou o rexedor.

Descargar todas as imaxes