A ocupación hoteleira desta fin de semana alcanzou o 85 por cento
Os hoteis de Vigo pecharon a terceira fin de semana de setembro cunha ocupación próxima ao 85 por cento. “Unha ocupación extraordinaria”, remarcou hoxe o alcalde.

O último dato rexistrado nos hoteis de Vigo, próximo ao 85 por cento, consolida unha ocupación media do 82 por cento no mes de setembro na cidade. “Vigo é unha gran cidade turística e xa en momentos nos que noutras cidades, e antes en Vigo, caía o turismo, na cidade seguimos enchendo os hoteis”, destacou este luns Abel Caballero.