xoves, 25 setembro 2025

O Concello reclama á Xunta o financiamento do cen por cen do Servizo de Axuda no Fogar

xoves, 25 set 2025

Abel Caballero remarcou hoxe o apoio continuado do Concello ás persoas que necesitan asistencia fronte ao deficiente financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, por parte da Xunta. Explicou que, en función do custo de cada hora de atención aos dependentes, a administración municipal afronta a maior porcentaxe do financiamento, á vez que demanda á Xunta que asuma o cento por cento do custo do SAF por tratarse dun tema da súa competencia.

Abel Caballero reúnese co cónsul de Portugal en Vigo

xoves, 25 set 2025

O alcalde mantivo un encontro este xoves con João Bezerra da Silva, que vén de ser designado Cónsul Xeral de Portugal en Vigo, con quen abordou temas de interese para ámbalas institucións e con quen se comprometeu a seguir mantendo un diálogo permanente e a colaboración precisa para os retos e desafíos do futuro.