O Monte da Guía estrea a súa nova iluminación
O Concello investiu 335.000 euros na mellora da iluminación do espazo, tanto no paseo de subida como no palco da parte superior instalando luminarias “máis eficientes e con máis luminosidade”.

O alcalde avanzou que este mércores quedará en funcionamento a nova iluminación do Monte da Guía logo dun investimento de mellora de 335.000 euros.
A actuación desenvolveuse tanto na subida pola Avenida Dona Fermina como na Capela instalándose 43 novos farois con luces led que son “máis eficientes e ofrecen máis luminosidade”, explicou Caballero, engadindo que se empregaron 2,6 quilómetros de cable para acometer a obra.
Abel Caballero apuntou a eficiencia enerxética desta mellora que “era unha demanda cidadá que vén de tempo atrás e queda resolta con máis luz, máis luminosidade e moito menos gasto. O aforro das luces led é elevadísimo”.

