Escoitar

O alcalde anuncia que Vigo vai estar "orgullosísima" da transformación da Avenida de Madrid nun dos mellores bulevares de Europa

Abel Caballero retirou este mércores os últimos soportes do valado metálico da Avenida de Madrid como símbolo do final dunha etapa da configuración dunha das principais entradas a Vigo e como parte do inicio da construción da “gran avenida de acceso á cidade”.

mércores, 24 set 2025

Eliminados desde hoxe todos os valos de separación do tráfico da Avenida de Madrid, as obras do vial inician unha nova fase na construción do novo bulevar de Vigo, segundo explicou hoxe o alcalde ao desinstalar os últimos elementos que dividían o tráfico.

Retirados, nun futuro próximo, os bloques de cemento situados nas medianeiras do vial, Caballero sinala que este será o último fito para que a zona central dea paso a unha gran zona verde “que irá tendo sorpresas, que iremos dicindo, porque queremos que a Avenida de Madrid sexa un dos mellores bulevares de entrada de ningunha cidade de Europa”.

“Vai estar Vigo orgullosísima da nova Avenida de Madrid”, recalcou. 

Descargar todas as imaxes