O Auditorio Mar de Vigo dá a coñecer 10 novas actuacións ata xaneiro
Abel Caballero anunciou a relación das novas obras "de gran calidade" para as que xa se poden adquirir os tickets na web do Auditorio Mar de Vigo. "Son 10 actuacións estelares que se suman ás 22 que xa estaban á venda", dixo o alcalde.

O Auditorio Mar de Vigo presentou a súa programación cultural desde este mes de setembro ata xaneiro inclusive, cunha ampla proposta de espectáculos que abarca teatro, danza, música, ópera, circo, exposicións e producións familiares.
Nesta nova tempada destacan tanto as novidades como os espectáculos xa dispoñibles, que conforman unha axenda diversa, de primeiro nivel e pensada para toda a cidadanía. O alcalde de Vigo, Abel Caballero anunciou oficialmente esta programación, deseñada para seguir consolidando o Auditorio como referente cultural en Galicia.
As novidades que saen á venda a partir de hoxe son:
◦ Tarzán, o musical: espectáculo familiar para os días 14 e 15 de decembro
◦ O mago invisible, co ilusionista Dakris, primeiro Premio Nacional de Maxia o 20 e 21 de decembro
◦ A mítica banda Los Secretos o 27 de decembro
◦ Naviland, o musical: unha viaxe máxica ao lugar onde viven os Reis Magos o 28 de decembro
◦ Otaku Symphony Orchestra: unha orquestra sinfónica especializada en anime e videoxogos o 29 de decembro
◦ O Cascanueces de Tchaikovsky National Ballet o 30 de decembro, un clásico do Nadal por excelencia con máis de 30 bailaríns e que virou polos principais teatros do mundo
◦ Romeo e Julieta – Worldwide Ballet o 7 de xaneiro: unha produción de ballet
◦ Gran Concerto de Aninovo – Strauss Festival Orchestra o 10 de xaneiro
◦ O Lago dos Cisnes – Tchaikovsky National Ballet o 17 de xaneiro
◦ Carmina Burana e Concerto de Aranxuez o 30 de xaneiro
Todos os espectáculos poden consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo.