O Concello lanza unha campaña de promoción do comercio local
Este luns comeza a instalación de 400 lonas en 22 rúas da cidade co lema “Compra no comercio de Vigo. Na túa rúa, no teu barrio, sempre atoparás o mellor”.

O alcalde informou do desenvolvemento dunha “gran campaña” de promoción do comercio da cidade, que se pon en marcha este luns co inicio da instalacións de catrocentas bandeirolas en 22 rúas da cidade.
O goberno municipal quere poñer en valor o comercio local e as posibilidades que ofrece a compra de proximidade con esta campaña que chegará a “todo Vigo”. Co lema “Compra no comercio de Vigo. Na túa rúa, non teu barrio, sempre atoparás o mellor”, a campaña quere incentivar a compra nos establecementos locais.
As bandeirolas lucirán en Balaídos, Fragoso, Florida, Portanet, Castrelos, Camelias, López Mora, Pi y Margall, Torrecedeira, Urzáiz, Travesía de Vigo, Jenaro de la Fuente, Calvario, Venezuela, Sanjurjo Badía, Paulino Freire, Pizarro, Vázquez Varela, Coia, Teixugueiras, Praza de América e Praza de España.