Vigo celebra a primeira festa cos usuarios da Teleasistencia
O acto terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 17:00 horas e reunirá a usuarios e familias. No evento renderase homenaxe á usuaria máis lonxeva, con 102 anos. “A teleasistencia que ofrece o Concello de Vigo é un servizo completamente gratuíto”, salientou o alcalde.

O sistema municipal de teleasistencia atende na actualidade a 851 usuarios. Cada mes xestiónanse preto de 6.000 chamadas, das cales arredor da metade corresponden a seguimentos semanais para coñecer o estado das persoas e realizar recordatorios. Ademais, só no último mes déronse resposta a 103 emerxencias, mostrando a eficacia do dispositivo. "Un servizo completamente gratuíto", puxo en valor Abel Caballero.
O perfil máis habitual das persoas usuarias é o dunha muller que vive soa, cunha idade comprendida entre os 86 e os 90 anos, independente e con capacidade para realizar as actividades básicas da vida diaria.