O alcalde eloxia o traballo da Policía Nacional e trasládalle o “apoio continuo” da cidade
Abel Caballero xunto ao Xefe Superior de Policía de Galicia, Pedro Jesús Pacheco Carrasco, e ao subdelegado do Goberno en Galicia, Abel Losada, participaron este xoves na inauguración da Exposición de Medios e Museo da Policía en Montero Ríos.

O rexedor sinalou que iniciamos unha “semana grandiosa” coa celebración en Vigo do Día da Policía Nacional 2025 na cidade, uns actos que comezan coa posta en marcha de esta exposicións que queda aberta á visitas da cidadanía ao longo dos próximos oito días.
Abel Caballero puxo en valor o traballo de protección, defensa e seguridade cidadá que desempeña a Policía Nacional e trasladoulles o “respecto, admiración e apoio continuo da Alcaldía de Vigo. Temos unha colaboración extraordinaria e así imos seguir”, recalcou.
O Xefe Superior da Policía de Galicia agradeceu ao Concello a cesión dos espazos para poder desenvolver na cidade os actos conmemorativos do Día da Policía Nacional. Amais explicou que as persoas que visiten a exposición aberta hoxe poderán coñecer de primeira man unha selección do material utilizado polas diferentes unidades policiais: cabalería, guías caninos, telecomunicacións, policía científica, TEDAX... Hai tamén unha galería de tiro virtual, poden verse vehículos policiais modernos e históricos que formaron parte do servizo, un circuíto de coches eléctricos que poderán patrullar os nenos...




