luns, 1 abr 2024
O Concello de Vigo dedicará preto de 6 millóns de euros ás dúas novas convocatorias das bolsas de inglés, segundo anunciou este luns Abel Caballero ao explicar que o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dos días 8 ao 19 de abril, e que cada curso participarán un total de 925 alumnos de terceiro de Educación Secundaria Obrigatoria.
luns, 1 abr 2024
Abel Caballero anunciou este luns a aprobación dunha modificación de 690.000 euros no orzamento da Xerencia Municipal de Urbanismo para realizar “tres obras urxentes e moi importantes”.
luns, 1 abr 2024
O alcalde convidou a toda a cidadanía viguesa e galega a sumarse a esta “gran festa, modelo dunha grande romaría urbana” que nesta décimo sexta edición suma un día de celebración con historia, música, gastronomía e actividades para tódolos públicos.
xoves, 28 mar 2024
Abel Caballero adiantou que do 1 ao 3 de abril as familias solicitantes de bolsas de libros recibirán o abono de 205 euros por neno. Un total de 23.228 estudantes contan este ano coa axuda do Concello de Vigo para os libros de texto escolares.
xoves, 28 mar 2024
O alcalde asistiu este mediodía á posta en marcha do novo servizo de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas, no aparcamento subterráneo de Policarpo Sanz.
martes, 26 mar 2024
Caballero denunciou este martes os “mil problemas” que impón a Xunta ao Concello para realizar a mellora na rede de saneamento e abastecemento de auga da segunda fase das obras de humanización da Avenida de Galicia, entre o Instituto de Teis e Redondela.
martes, 26 mar 2024
O Teatro Afundación acolle este martes a entrega das distincións da cidade deste ano 2024. O alcalde avanzou o aprazamento da tradicional ofrenda floral no Monumento aos Heroes da Reconquista pola climatoloxía adversa.
martes, 26 mar 2024
O alcalde expresou que “se trata dun convenio de idénticas características ao que tiñamos co anterior goberno”, durante os últimos 8 anos, “nos que Carmela Silva presidiu o ente provincial”.
luns, 25 mar 2024
A proposta de concesión das Medallas de ouro da cidade á Policía Nacional no seu bicentenario e ao Hospital Ribera-Povisa recibiu o voto favorable dos grupos socialista e popular e o voto en contra do Bloque Nacionalista Galego.
luns, 25 mar 2024
O alcalde participou este luns no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra coa que se recuperará para o uso cidadán o tramo comprendido entre o Camaleón e Punta Samil.