As fontes de Aragón, de verde pola meninxite
Este domingo, 5 de outubro, o Concello súmase á celebración do Día Mundial da Meninxite, iluminando de verde as fontes da rúa Aragón para recordar que esta enfermidade segue sendo unha ameaza. Cada año, esta doenza afecta a máis de 2,5 millóns de persoas no mundo e, malia os avances médicos, unha de cada dez persoas falece e unha de cada 5 sobrevive con secuelas permanentes. Así, cada 5 de outubro serve como recordatorio de que a prevención, o diagnóstico precoz e o coñecemento salvan vidas.
