Vigo acolle a exposición máis visitada sobre o corpo humano
“Bodies evolution”, unha mostra con oito corpos reais e máis de cen órganos conservados mediante plastinación, poderá visitarse desde hoxe e ata o 26 de outubro no Auditorio Mar de Vigo.

Abel Caballero participou esta mañá na inauguración dunha mostra que permite coñecer o funcionamento dos sistemas nervioso, muscular, óseo, circulatorio, dixestivo, reprodutivo e respiratorio, de forma práctica e ilustrativa para toda a familia. “Unha magnífica exposición e moi didáctica para a aprendizaxe” de tódalas persoas que a visiten, explicou.
Xunto a Carmela Silva, primeira tenente de Alcalde, e acompañado de Rascid Baifraouri, comisario da exposición, e de Iñaki Teixeira, responsable do Auditorio Mar de Vigo, o alcalde achegouse ás diferentes pezas que conforman a mostra: oito corpos reais e máis de cen órganos “conervados” mediante plastinación, un proceso tecnolóxico para a conservación de materiais biolóxicos. O obxectivo é dar a coñecer os segredos da anatomía humana a través do que esconde a pel, mostrando como nunca antes o funcionamento do corpo.
“Bodies evolution” é a exposición número 1 do mundo sobre o corpo humano e estará aberta no Auditorio Mar de Vigo desde o 3 ata o 26 de outubro no Auditorio Mar de Vigo. Poderán visitala tamén grupos escolares.




