Escoitar

O Concello outorga 4.579 becas de libros e comedor para o presente curso escolar

A Xunta de Goberno local vén de adxudicar 3.509 bolsas de comedor e 1.070 axudas de libros para este curso escolar. O total de achegas é de 4.579 cun orzamento de 1,6 millóns e non hai lista de agarda.

xoves, 2 out 2025

O alcalde sinalou que serán 3.509 estudantes os beneficiarios da bolsa de comedor municipal cun orzamento de case 1,5 millóns de euros. “Aceptáronse todas as solicitudes que cumprían os requisitos, non hai lista de espera”, explicou Caballero. No caso das axudas de libros, o goberno municipal aprobou a concesión de 1.070 por un importe de 107.000 euros. O total de bolsas adxudicadas este ano ascende por tanto a 4.579 cun importe de total é de 1.601.834 euros, 200.000 euros máis do previsto inicialmente dado que non hai límite orzamentario.

Ademais, o alcalde explicou que o Concello destina 642.405 ao convenio con Foanpas para financiar a súa xestión, realización de actividades extraescolares e prestación do servizo de comedor polo que o importe total dedicado ás bolsas de comedor ascende a 2.244.239 euros. Caballero censurou que a Xunta de Galicia non financie estas axudas sendo competencia autonómica.

Descargar todas as imaxes