xoves, 2 outubro 2025

Caballero aborda cos máximos responsables de INDRA o avance da fábrica de microchips

Abel Caballero abordou este xoves, xunto ao delegado do Estado no Consorcio de Zona Franca de Vigo, David Regades, co presidente e o conselleiro delegado de INDRA, Ángel Escribano e José Vicente dos Mozos, respectivamente, a coordinación das accións a desenvolver no futuro inmediato da fábrica de microchips fotónicos, que en 2026 supoñerán ampliar o persoal coa contratación de preto de novos 200 enxeñeiros e enxeñeiras.

Vigo acolle o acto central do Día da Policía Nacional

xoves, 2 out 2025

A cidade converteuse este xoves no epicentro da celebración do Día da Policía Nacional. O Corpo elixiu Vigo para conmemorar neste 2025 o seu patrón, o día dos Santos Anxos Custodios, cun acto presidido polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, no que participou o alcalde así como a secretaria de Estado de Seguridade, Aina Calvo, e o director xeral da Policía Nacional, Francisco Pardo, entre outras autoridades. Durante o evento impuxéronse as condecoracións ao Mérito Policial, rendeuse homenaxe aos profesionais falecidos en acto de servizo e, finalmente, levouse a cabo unha formación dinámica de distintas unidades da Policía Nacional. O ministro entregoulle a Caballero a Cruz ao mérito policial con distintivo branco.

O alcalde dálle a benvida a Vigo á directiva do PAOK FC

xoves, 2 out 2025

O alcalde participou esta mañá na recepción á directiva do PAOK FC, equipo grego que esta tarde se enfrontará ao Celta no primeiro partido en Balaídos logo da volta do conxunto vigués á Europa League. Caballero deulles a benvida á cidade aos representantes do club nun discurso no que avogou pola deportividade nunha cita futbolística da que “todo Vigo vai gozar moito”. O acto tivo lugar na Sede do Celta da rúa Príncipe