martes, 30 setembro 2025

Os catedráticos África González e Federico Mallo apoian a implantación da Facultade de Medicina en Vigo

martes, 30 set 2025

O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos catedráticos África González e Federico Mallo cos que coincidiu na reivindicación dunha Facultade de Medicina para Vigo. Durante a reunión, estes profesores universitarios no ámbito das ciencias da saúde amosaron o seu apoio para que Vigo imparta esa formación de forma integral. Na actualidade está previsto que o alumnado estude en Santiago os cinco primeiros cursos polo que só virían á cidade a facer prácticas en sexto curso. Caballero reiterou a importancia de que a Uvigo conte con esa carreira universitaria tendo en conta que o complexo hospitalario para as clases clínicas é “extraordinario”. “Vigo, necesariamente, ten que contar cunha Facultade de Medicina”, concluíu.