Escoitar

Vigo recuperará a nave de Alfageme para uso cidadá e contará con zonas verdes

A cidade contará para uso público coa antiga nave de Alfageme tal e como prevé o desenvolvemento urbanístico do ámbito, de 14.394 m2. A zona estará dotada de zonas verdes e residenciais, cun 30% de vivenda sometida a algún tipo de protección.

luns, 29 set 2025

O Concello iniciou a tramitación ambiental de Alfageme que conta cunha superficie de 14.394 m2. O desenvolvemento deste ámbito permitirá a recuperación da nave orixinal deseñada por Gómez Román e os seus anexos, que pasarán a mans do Concello, ao igual que a antiga vivenda do fundador da empresa. Estes espazos serán recuperados para uso cidadá seguindo o exemplo do Pazo da Raposeira ou da Casa do Patín.

Este desenvolvemento facilitará a creación dun espazo verde e público en Tomás Alonso, con diferentes elementos patrimoniais integrados como un hórreo ou un cruceiro, que tamén pasan a ser públicos.

Tal e como explicou Caballero, o ámbito, que incluirá un 30% de vivenda con algún tipo de protección, contará con edificios de uso residencial que taparán as medianeiras “horribles” existentes na actualidade facendo que, un entorno abandonado do pasado industrial de Vigo, se converta nun espacio de dotación pública e residencial.

Descargar todas as imaxes