Escoitar

O programa de educación básica para persoas adultas comezará o 6 de outubro

O alcalde anunciou, unha vez máis, o inicio desta formación que cada ano beneficia a preto de 180 persoas. O Concello inviste 40.000 euros no Programa de educación básica para persoas adultas

luns, 29 set 2025

Abel Caballero informou de que haberá 8 grupos en diferentes centros e horarios, sendo clases de hora e media dous días á semana. As sesións desenvolveranse no Centro Municipal de Distrito de Teis, na Asociación de Veciños do Calvario, na Asociación de Veciños de Sárdoma, en Escolas Nieto en Lavadores e no Centro Veciñal e Cultural de Valadares.

O perfil das persoas nesta formación é o dunha muller que no seu tempo non tivo opción de formarse e a este respecto, Caballero agradeceu a estas mulleres a súa contribución “a facer Vigo" tendo en conta que "nalgúns casos nin tan sequera puideron aprender a ler". Está previsto que reciban clases de alfabetización, cálculo, inglés, natureza, sociedade e novas tecnoloxías (uso do teléfono ou ordenador).

 

 

 

Descargar todas as imaxes