O Concello aproba a creación dunha Comisión de Estudo para a posta en funcionamento da Empresa Municipal de Vivenda
O rexedor explicou que “hoxe deuse o primeiro paso para a constitución da Empresa Municipal de Vivenda”

O pasado 27 de xuño, Abel Caballero anunciou un “plan de choque” de 11 millóns para garantir vivenda accesible na cidade, con múltiples medidas. Recollíase a constitución dunha Empresa Municipal de Vivenda “EMVIGO” á que o Concello dedicará 4,5 millóns e que se adicara á promoción de vivenda, atendendo especialmente á de protección pública.
No día de hoxe o alcalde anunciou a aprobación da creación dunha Comisión de Estudo para a posta en funcionamento da sociedade municipal de vivenda, que sinalou como “o primeiro paso” para a súa constitución. Ten como obxectivo elaborar a memoria relativa aos aspectos sociais, financeiros, técnicos e xurídicos da actividade, a forma de exercicio e os beneficios potenciais.
A Comisión está presidida polo alcalde e conta ademais na súa composición con:
- Vicepresidenta: Cuarta Tenente de Alcalde e concelleira da area de goberno de Urbanismo e Vivenda
- Vogais:
- Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira da Área de goberno de Patrimonio Histórico, Cultura e Igualdade
- Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro da Área de goberno de Fomento, Servizos e Deportes
- Concelleira de Área de goberno de Política Social, Turismo e Xuventude
- Concelleiro de Orzamentos e Facenda
- Apoio Técnico:
- Secretario do Pleno do Concello de Vigo
- Interventor do Concello de Vigo
- Xerente da Xerencia municipal de Urbanismo
“Xa estamos no proceso de constitución da Empresa Municipal de Vivenda, sen perder un segundo”, indicou Caballero, sinalando que “é tan importante para tanta cidadanía que necesita unha vivenda ou alugueiro a prezos dignos e accesibles”.