Escoitar

Balaídos contará con 102 novas butacas e un videomarcador en Tribuna

A Xunta de Goberno Local aprobou as melloras que provocarán o aumento do aforo do coliseo vigués. Caballero reiterou que “Vigo está no Mundial”, tras a renuncia de Málaga e a presentación da reforma que incrementa a capacidade de Balaídos ata cumprir os requisitos FIFA.

venres, 26 set 2025

“Instalaremos unha nova grada na conexión entre Río Alto e Marcador Alto que contará con 102 butacas novas en 6 ringleiras”, explicou Caballero, indicando que se suma ao aforo incrementado no mes de agosto. Deste modo, o Estadio Municipal de Balaídos conta con 22.904 espectadores namentres se executa a construción da nova bancada de Gol. Con Gol, o feudo vigués “superará os 30.000 espectadores”, xa que esa bancada terá máis de 7.000 butacas.

Caballero reafirmou que “Vigo está no Mundial”, xa que “conta con 43.000 espectadores”, tras o anuncio realizado polo rexedor, da remodelación da Tribuna. Como explicou, pasará de 5.500 a 16.000 espectadores, nunha grada continua e que se retranqueará ata 30 metros sobre a actual.

Na Xunta de Goberno tamén se autorizou ao Real Club Celta a instalar un novo videomarcador “temporal”. Estará asentado na Tribuna, na parte limítrofe coa futura bancada de Gol, proporcionando “información do encontro aos espectadores de Río e Marcador”.

 

Descargar todas as imaxes