Escoitar

Vigo ilumínase de azul e verde polo Día Mundial da Retina

Este domingo, 28 de setembro, o Concello súmase á conmemoración do Día Mundial da Retina iluminando de azul e verde as fontes da rúa Aragón. "Coidar hoxe o esencial para ver o futuro" é o lema deste ano nunha xornada que quere dar visibilidade ás enfermidades retinianas, concienciar sobre a importancia do diagnóstico precoz e recordar que a investigación é clave para ofrecer esperanza a millóns de persoas en todo o mundo.

venres, 26 set 2025
Descargar todas as imaxes