luns, 29 set 2025
A Corporación municipal gardou esta mañá un minuto de silencio logo do debate dunha moción socialista que solicitaba o recoñecemento do Estado de Palestina. A maioría do Pleno deu luz verde a un texto que reitera o absoluto rexeitamento ao xenocidio e á ocupación ilegal de Israel en Gaza.
luns, 29 set 2025
A Corporación Municipal acordou hoxe, con 19 votos a favor dos edís do PSOE e 8 en contra dos grupos municipais do PP e do BNG, a actualización nun catro por cento do IBI e o IAE, así como dos prezos públicos das escolas municipais de música e de artes escénicas e das instalacións deportivas municipais.
luns, 29 set 2025
O grupo municipal socialista defendeu tamén unha moción instando ao Ministerio de Sanidade a manter o exame MIR na cidade e demandando á Xunta que comunique ao Ministerio a vontade de rectificar a súa posición e defender a cidade como sede.
luns, 29 set 2025
O rexedor explicou que “hoxe deuse o primeiro paso para a constitución da Empresa Municipal de Vivenda”
luns, 29 set 2025
A Rede Municipal de museos pon en marcha o programa educativo e cultural para alumnado de tódalas etapas educativas, desde Infantil a Bacharelato. Os centros interesados deben solicitar a actividade e o Concello asumirá o curso do transporte dos traslados.
luns, 29 set 2025
O alcalde mantivo un encontro hoxe na Alcaldía co novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste Sueiras, que realizaba a primeira oficial a un municipio galego desde que asumiu o cargo. O maxistrado evidenciou o seu elevado coñecemento da cidade e da situación da xustiza de Vigo.
luns, 29 set 2025
O alcalde anunciou, unha vez máis, o inicio desta formación que cada ano beneficia a preto de 180 persoas. O Concello inviste 40.000 euros no Programa de educación básica para persoas adultas
luns, 29 set 2025
Caballero louvou o modelo de desestacionalización do turismo que está levando adiante a cidade cunha ocupación do 75,1% na última fin de semana de setembro. "Conseguimos estes datos en épocas nas que outras cidades están ao redor dun 20%", salientou. Así, avanzou que co Nadal a ocupación hoteleira será aínda maior e lembrou que antes os últimos meses do ano non era temporada turística e agora si. O alcalde celebrou os datos porque o turismo "é economía, emprego e recursos para a cidade".
luns, 29 set 2025
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo acordou hoxe, con 16 votos a favor dos edís socialistas, 5 en contra do grupo municipal do PP e 3 abstencións dos concelleiros do BNG, instar á Xunta de Galicia a poñer fin aos atrancos dos proxectos de Vigo, a axilizar as autorizacións dos proxectos expostos polo Concello que seguen pendentes, así como a abandonar a política de obstrución mantida nos últimos anos pola Xunta. Carmela Silva, trasladou aos edís do PP o malestar de numerosos concellos de Pontevedra polo atraso dos informes de Patrimonio Histórico da administración galega.