Escoitar

O Pleno rexeita o xenocidio de Gaza e avala o recoñecemento do Estado de Palestina

A Corporación municipal gardou esta mañá un minuto de silencio logo do debate dunha moción socialista que solicitaba o recoñecemento do Estado de Palestina. A maioría do Pleno deu luz verde a un texto que reitera o absoluto rexeitamento ao xenocidio e á ocupación ilegal de Israel en Gaza.

luns, 29 set 2025

O Pleno apoiou esta mañá a posición do Goberno de España en defensa da paz, o cumio da ONU sobre a solución de dous estados e o respecto ao dereito internacional humanitario, recoñecendo a Palestina como Estado. Cos votos favorables do PSOE e a abstención dos grupos da oposición, a maioría da Corporación, reiterou a absoluta condena ao xenocidio e á ocupación ilegal de Israel en Gaza e Cisxordania, defendendo as resolucións das Nacións Unidas e as fronteiras do 67.

Yolanda Aguiar, na defensa da moción, ademais de esixir ao Goberno de Israel o alto ao fogo inmediato e permanente, expresou o apoio incondicional á liberación de todos os reféns e mostrou solidariedade coa sociedade civil democrática que se manifesta en contra das accións do seu Goberno en Gaza.

O texto aprobado apoia as conclusións e recomendacións da Comisión Internacional Independiente de Investigación sobre os territorios palestinos ocupados, establecida polo Consello de Dereitos Humanos da ONU, que denuncia a comisión de actos xenocidas en Gaza e reclama a adopción de medidas inmediatas para protexer a poboación civil e garantir o dereito internacional.

 

Descargar todas as imaxes