O TSXG ratifica que o Concello adoptou medidas para mitigar o ruído do Nadal
O goberno de Vigo vén de recibir unha nova sentenza que nega a inactividade municipal en relación ao control de ruído durante as festas de Nadal da campaña 2022-2023.

O alcalde informou este martes da nova sentenza ditada “en favor do Concello” polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que “ratifica que o Concello adoptou as medidas necesarias para mitigar o ruído provocado polas festas de Nadal na campaña 2022-2023”.
O TSXG avala así a sentenza do xulgado do contencioso administrativo número 2 de Vigo que recollía que goberno permanecera inactivo e sen tomar medidas para mitigar ata un nivel aceptable o ruído producido polo Nadal. A nova sentenza , tal e como apunta Caballero, considera que non se constata erro na valoración por parte do citado xulgado porque “unha sensación de ruído non pode valer como proba obxectiva e válida sen achega de proba de cargo suficiente”, dándolle así a razón ao Concello. Tampouco queda constatado, segundo o fallo, que houbera inactividade, senón que a parte demandante non estaba dacordo coas medidas adoptadas.
Para o rexedor tráse dunha “sentenza contundente” que ademais impón as costas aos demandantes. “Aqueles que queren pechar o Nadal de Vigo non o van conseguir”, engadiu.