Escoitar

O Goberno local avanza na conversión da Praza España nun espazo semipeonil

O alcalde deu conta dun novo paso urbanístico para avanzar na semipeonalización da Praza de España. O Concello suma a tramitación dun novo convenio no ámbito comprendido entre as rúas Emilia Pardo Bazán, Avenida de Madrid, Conde de Gondomar e Gran Vía. Gañaranse zonas verdes e ampliarase a beirarrúa da Gran Vía.

venres, 3 out 2025

O Concello segue avanzando no desenvolvemento urbanístico da Praza de España. Na Xerencia de Urbanismo da semana que vén iniciarase a tramitación dun novo convenio urbanístico no ámbito comprendido entre as rúas Emilia Pardo Bazán, Avenida de Madrid, Conde de Gondomar e Gran Vía. Cunha superficie de actuación de 4.779 m2 de, o obxectivo é obter máis de 1.600 m2 de zonas verdes, así como ampliar a beirarrúa da Gran Vía en 400 metros cadrados. Os propietarios, que disporán dunha superficie edificable en altura de 12.425 m2, terán que urbanizar todo o espazo e todas as vías perimetrais.

Esta iniciativa súmase á tramitación xa iniciada doutros tres convenios urbanísticos na Praza de España. Grazas á cesión de novos tramos viarios, o Concello completará o anel perimetral o que permitirá, no seu momento, a semipeonalización da Praza.

Bouzas

Caballero deu conta doutro dos asuntos que se tratarán na próxima sesión da Xerencia de Urbanismo. O Concello incoará a expropiación para a ampliación da rúa Simancas -conexión viaria estreita que une Tomás Alonso con Beiramar nun dos laterais de Alfageme-. Derribaranse unhas edificacións colindantes que están baleiras para ampliar o viario, adaptándoo ao novo PXOM e ao PEPRI de Bouzas. O obxectivo, explicou, é mellorar o tránsito viario e a interconexión entre ambas rúas, favorecendo un tráfico máis fluído e seguro.

 

Descargar todas as imaxes