Constituído o Consello Municipal de Tecnoloxías da Información e Comunicación

luns, 9 xuñ 2008

Este luns tivo lugar no edificio municipal do Areal a constitución do Consello Consultivo das TIC, do que formarán parte todas aquelas empresas do sector ubicadas en Vigo e a súa área de influencia. O seu obxectivo será que os expertos na materia asesoren ao alcalde nos proxectos que favorezan a mellor calidade de vida dos cidadáns e á cidade no seu conxunto.

Abel Caballero asegura que a World Fishing Exhibition permitirá a Vigo "seguir liderando a pesca do mundo"

venres, 6 xuñ 2008

A próxima edición da Feira Mundial da Pesca se celebrará en Vigo o próximo ano 2009, e o alcalde avanzou que xa se está a preparar un evento que permitirá que "a atención mundial" da pesca se fixe na cidade. Abel Caballero mantivo este venres un encontro co director da Feira, Alfonso Paz Andrade, tras o cal adiantou que a sostenibilidade da pesca será un dos pilares da WFE viguesa do 2009.

O alcalde inaugura o novo centro de formación da FOREM en Navia<br />

xoves, 5 xuñ 2008

As novas instalacións, que substitúen ás de Tomás Alonso, contan con dúas aulas de informática, un taller de electricidade, un aula polivalente e unha cociña industrial, e formará a desempregados e traballadores en activo. Abel Caballero subliñou a relevancia da formación cualificada para o crecemento económico e o emprego "estable e de calidade".

A Asociación de Doantes e o Concello salientan a solidariedade da cidade

martes, 3 xuñ 2008

Cada día, 6 vigueses fanse doantes de órganos e xa se contan en Vigo con entre 12.000 e 15.000 propietarios do carné de doante. O alcalde, Abel Caballero, o Presidente de ADROVI, Celso García, e o coordinador de transplantes do CHUVI, o Doutor González agradeceron aos vigueses a súa xenerosidade por mor do Día Internacional do Doante que se celebrá mañá mércores.

Abel Caballero "saúda con entusiasmo" que o Porto desenvolva os Proxectos Nouvel e Beiramar

luns, 2 xuñ 2008

O alcalde mostrouse este luns "moi satisfeito" de que a Autoridade Portuaria leve adiante definitivamente "dous grandes proxectos para esta cidade", Nouvel e Beiramar. Esta circunstancia foi cualificada de "magnífica decisión" polo rexedor municipal, quen avanzou que na próxima semana se reunirá co seu Presidente, Suso Paz, para coñecer en detalle a ampliación aprobada o pasado venres.

Presentada en Vigo unha campaña para o consumo de peixe entre os máis pequenos

venres, 23 mai 2008

A campaña Sonche Xan!, posta en marcha pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, foi presentada este venres en Vigo, na procura de incrementar o consumo de peixe na poboación infantil de entre catro e doce anos. Na presentación participaron a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o alcalde, Abel Caballero, e o campión olímpico de piragüismo, David Cal.

Vigo aporta máis da terceira parte das doazóns de órganos de Galicia

xoves, 22 mai 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este xoves unha reunión con representantes da Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo, ADROVI, onde acordaron celebrar o próximo 2 de xuño unha xornada de sensibilización para "agradecer" aos vigueses a súa "solidariedade" e mostralo "a Galicia e España". Vigo é a cidade de Galicia que conta con máis tarxetas de doantes.