luns, 19 mai 2008
O prestixioso arquitecto español, Rafael Moneo, visitou este luns Vigo para estudar, na compaña do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e dos responsables municipais de Urbanismo, as posibilidades que ofrece o entorno da Praza do Rei. O alcalde quere "convencer" a Moneo para que se faga cargo dunha reforma "ambiciosa e complexa", "exemplar para o futuro"
xoves, 15 mai 2008
Abel Caballero considera que o comercio é un dos sectores que máis acusa a ralentización económica, polo que solicitou da Xunta de Galicia a elaboración dun Plan específico que "focalice a súa atención" neste sector para paliar os efectos da desaceleración, en especial no pequeno comercio. <br />
O alcalde destacou o peso do comercio en Vigo na apertura dun novo supermercado na cidade.
mércores, 14 mai 2008
Abel Caballero valorou este mércores a nova Lei Autonómica do Solo, impulsada pola Consellaría de Política Territorial, que contempla para as grandes cidades unha reserva do solo do 40% para vivenda con algún tipo de protección. O alcalde afirma que, coa incorporación no novo Plan Xeral do 43% de VPO, Vigo está "á vangarda do urbanismo moderno en España".
mércores, 14 mai 2008
<br />
Abel Caballero visitou este mércores as dependencias da Fundación ONCE en Vigo, e solicitou a súa cooperación para garantir a accesibilidade de todos os proxectos postos en marcha polo Concello de Vigo. Do mesmo xeito, ofreceuse a colaborar coa entidade no que precisen.
martes, 13 mai 2008
Os organizadores desta Feira Internacional da Industria Naval presentáronlle este martes ao alcalde o evento que se celebrará os días 20,21 e 22 de maio, e que chega nun "magnífico momento do naval vigués", cun volume de contratacións asegurado ata o ano 2014.
luns, 12 mai 2008
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este luns aos representantes da A.VV. Centro Sociocultural San Miguel de Oia, quenes lle transmitiron as necesidades da parroquia, sobre todo en materia de beirarrúas e asfaltados. O alcalde comprometeuse a comprobar in situ o estado da zona, e avanzou que se humanizará a unión da praia de Canido coa rúa Arquitecto Cominges.
venres, 9 mai 2008
Abel Caballero, tras o encontro deste venres coa Federación de Usuarios de Porto de Vigo, salientou que está a espera de que a Autoridade Portuaria presente o proxecto definitivo de ampliación para comezar a "escoitar á cidade" na procura de alcanzar un acordo global para "o Porto do futuro".
xoves, 8 mai 2008
O Concello quere que Rafael Moneo, con quen xa se mantiveron contactos previos, sexa o encargado de reformar a Praza do Rei. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o arquitecto mostrouse "moi interesado" e visitará Vigo "este mes" para estudar as posibilidades de mellora do edificio do Concello, a futura Biblioteca do Estado, a chegada desde A Falperra e o cruce de Venezuela con Camelias e a subida a O Castro.
mércores, 7 mai 2008
O Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento acordaron que a Alta Velocidade entre en Vigo por un túnel desde Redondela, o que permitirá crear un parque urbano de 3 quilómetros de longo no actual percorrido das vías do tren. O acordo solventa o problema dos afectados de Teis polo AVE, xa que quedan suspendidas as expropiacións.
mércores, 30 abr 2008
Abel Caballero ofreceu unha recepción na Alcaldía do Concello de Vigo ao equipo técnico e o plantel do Gestibérica Vigo, por mor do seu título na Leb Bronce e o ascenso á categoría de Plata. Unha exitosa campaña que van celebrar cos afecionados ao baloncesto este venres no Pavillón das Travesas.